Inician obras no Parque da Perillana en Ponteareas

O recinto permanecerá precintado durante tres semanas

Ponteareas | O Concello inicia as obras para acondicionar o parque infantil da Perillana. O obxectivo é mellorar as condicións deste espazo destinado ao desfrute dos nenos e nenas da vila. Para iso, substituirase o chan e o peche perimetral. Ademais, procederase ao arranxo de distintos elementos de xogo.

A concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández, indica que “logo de anos de abandono dos parques infantís da vila, iniciamos as obra para o acondicionamento desta zona de xogo á que acoden numerosos nenos e nenas durante a semana”.

Apunta que “é unha das nosas prioridades, manter en boas condicións as instalacións que son dos veciños e das veciñas”.

O recinto permanece agora precintado durante tres semanas para garantir o correcto desenvolvemento das actuacións na zona.