O Polo de Emprendemento do Porriño asesorará tamén en Salvaterra

Con servizo tanto presencial como de videochamada

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño comeza a brindar un servizo de asesoramento a persoas emprendedoras a través da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia.

Se tes unha idea de negocio ou xa tes un negocio en marcha, podes atopar un acompañamento e asesoramento continuado no Polo de Emprendemento O Porriño, que inclúe ao Concello de Salvaterra de Miño no seu territorio de influencia.

Dende o Concello de Salvaterra de Miño, quérese impulsar o espírito emprendedor e potenciar o tecido empresarial da zona. Conscientes das novas oportunidades que están a xurdir, este servizo servirá de guía para aquelas persoas que queiran desenvolver o seu proxecto dunha maneira viable e segura.

O Polo de Emprendemento de O Porriño, impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Ronsel, conta con máis de 100 proxectos atendidos dende a súa inauguración en novembro de 2023. O seu horario de atención é de 9:00 a 18:00 e atende persoas tanto de maneira presencial como por videochamada.