AECT Rio Minho aprobou o Plan de Actividades e Orzamento 2024

Cun investimento global de mais de 500.000€

Valença | Onte na sede do AECT Rio Minho, en Valença, foi aprobado en Asemblea Xeral o Plan de Actividades e Orzamento para 2024, cun investimento global de 509.215,00 euros.

Asemade tivo lugar a reunión de instalación dos novos membros da Delegación da Deputación de Pontevedra para o presente mandato, manténdose presidente da Mesa da Asemblea o presidente da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e presidente da Câmara Municipal de Melgaço, Manoel Batista; e foi elexido tamén como Secretario, Fernando Reyes González, concelleiro da Guarda.

O director do AECT Rio Minho, Roberto Carrero, deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra e alcalde da Guarda, presentou as grandes prioridades do Plan de Actividades, a través da implementación de proxectos obxecto de candidaturas xa aprobadas no Programa Interreg VI A e a preparación de novas candidaturas e proxectos a candidatar no ámbito do Programa Interreg VI 2021-2027 e outros programas no marco da Cooperación Territorial Europea.

Neste ámbito destácase o proxecto “REDE_GOV_MINHO”, cofinanciado polo programa Interreg VI A, que ten como obxectivo a consolidación do traballo en rede coas dinámicas locais de cooperación transfronteiriza.

Por outra banda, farase fincapé na promoción de accións de consolidación da Marca Rio Minho e do anel verde de roteiros transfronteirizos, a manutención e desenvolvemento da operación do servizo compartido “Sistema de Bike Sharing do Rio Minho Transfronteirizo – e-bike Rio Minho”, en colaboración coas Eurocidades de Cerveira-Tomiño, Tui-Valença e Monção-Salvaterra, o reforzo do proceso de identificación de obstáculos á mobilidade e integración transfronteiriza no territorio do Rio Minho e á promoción de alianzas multinivel para o deseño de propostas de solucións para a mellora das condicións da gobernanza transfronteiriza.

Con todo, en 2024 realizaranse accións de apoio ás dinámicas locais transfronteirizas da responsabilidade dos municipios e concellos do territorio de intervención do AECT Rio Minho, e reforzarase a comunicación institucional do AECT Rio Minho.

O investimento global previsto é de 509.215,00 euros, supoñendo un 23% máis do orzamento do exercicio anterior.

Constituído en 2018, o AECT Rio Minho ten como socios ao CIM Alto Minho e á Deputación de Pontevedra, e abrange 26 concellos: os 10 municipios que compoñen a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM) e 16 concellos galegos da provincia de Pontevedra ligados ao Río Miño.