Arbo, As Neves e Mondariz mellorarán as súas prazas de aparcamento

A través do proxecto "Da túa Man" da Deputación de Pontevedra

Pontevedra | A Deputación de Pontevedra vai contratar a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do concello de Arbo cun orzamento de 4.557 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural II), o programa de apoio á actividade comercial e á hostaleira local do rural da provincia.

A iniciativa busca asegurar que os municipios conten con estacionamentos específicos para persoas con discapacidade, debidamente sinalizados e co tamaño adecuado. Ademais, contemplase embelecer a zona comercial con xardineiras, o que axudará ás persoas con discapacidade visual a orientarse na área. En concreto, no concello de Arbo dotarase de accesibilidade a dúas prazas de aparcamento en diagonal xa existentes na Praza do Mercado, a través de sinalización vertical, e incluiranse catro xardineiras como elementos para delimitar e embelecer dita zona.

En total, son case 50.000 euros os destinados no conxunto da provincia a esta actuación, que permitirán instalar prazas de aparcamento accesibles e xardineiras nas contornas comerciais de outros oito concellos, ademais de Arbo: Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Pontecesures e Rodeiro.

“Da túa man” (rural II), dotado con 500.000 euros e financiado cos fondos Next Generation, busca visibilizar e modernizar ao pequeno comercio e á hostalería local adaptándoo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e uso das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular, así como unha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecer un servizo óptimo á poboación local e de foco de atracción de visitantes. Así mesmo, preténdese crear vínculos en toda a cadea de valor do comercio local e o produto de km 0.

Ademais desta iniciativa que acaba de lanzar a Deputación, “Da túa man (rural II)” abrangue outros proxectos como a instalación de illas ecolóxicas con contedores e de dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais, a posta en marcha dunha rede de comercio retallista, produtores locais e provedores, a instalación de sinalética integrada, a promoción de bolsas e mochilas sostibles, a posta en marcha de campañas de comunicación e promoción en soportes dixitais e diferentes accións formativas.

6.150€ para As Neves
A Deputación de Pontevedra vai contratar a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do concello das Neves cun orzamento de 6.153 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural II), o programa de apoio á actividade comercial a hostaleira local do rural da provincia. A iniciativa busca asegurar que os municipios conten con estacionamentos específicos para persoas con discapacidade, debidamente sinalizados e co tamaño adecuado.

Ademais, contemplase embelecer a zona comercial con xardineiras, o que axudará ás persoas con discapacidade visual a orientarse na área. En concreto, no concello das Neves dotarase de accesibilidade a unha das prazas de aparcamento en batería existentes na Praza Maior, e incluiranse seis xardineiras nos lados norte e este da praza co fin de evitar accesos ou estacionamento temporal de vehículos en dita zona e para delimitar e embelecer a zona comercial.

En total, son case 50.000 euros os destinados no conxunto da provincia a esta actuación, que permitirán instalar prazas de aparcamento accesibles e xardineiras nas contornas comerciais de outros oito concellos, ademais das Neves: Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, Pontecesures e Rodeiro.

“Da túa man” (rural II), dotado con 500.000 euros e financiado cos fondos Next Generation, busca visibilizar e modernizar ao pequeno comercio e á hostalería local adaptándoo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e uso das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular, así como unha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecer un servizo óptimo á poboación local e de foco de atracción de visitantes.

Así mesmo, preténdese crear vínculos en toda a cadea de valor do comercio local e o produto de km 0.

Ademais desta iniciativa que acaba de lanzar a Deputación, “Da túa man (rural II)” abrangue outros proxectos como a instalación de illas ecolóxicas con contedores e de dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais, a posta en marcha dunha rede de comercio retallista, produtores locais e provedores, a instalación de sinalética integrada, a promoción de bolsas e mochilas sostibles, a posta en marcha de campañas de comunicación e promoción en soportes dixitais e diferentes accións formativas.

Mondariz recibirá 6.200€
A Deputación de Pontevedra vai contratar a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do concello de Mondariz cun orzamento de 6.211 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural II), o programa de apoio á actividade comercial a hostaleira local do rural da provincia. A iniciativa busca asegurar que os municipios conten con estacionamentos específicos para persoas con discapacidade, debidamente sinalizados e co tamaño adecuado.

Ademais, contemplase embelecer a zona comercial con xardineiras, o que axudará ás persoas con discapacidade visual a orientarse na área. En concreto, no concello de Mondariz dotarase de accesibilidade a dúas prazas de aparcamento en batería situadas na Praza de Abastos, e incluiranse seis xardineiras na zona contigua ás prazas para delimitar e embelecer a zona comercial.

En total, son case 50.000 euros os destinados no conxunto da provincia a esta actuación, que permitirán instalar prazas de aparcamento accesibles e xardineiras nas contornas comerciais de outros oito concellos, ademais de Mondariz: Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, As Neves, Pontecesures e Rodeiro.