Salvaterra obtén 200.000€ do Plan Concellos para melloras de camiños municipais

Nas parroquias de Pesqueiras, Alxén, Fornelos, Salvaterra, Oleiros e Corzáns

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra informa que está en proceso de contratación obras para mellorar camiños municipais en Pesqueiras, Alxén, Fornelos, Salvaterra, Oleiros e Corzáns por máis de 200.000,00 a través do Plan Concellos da Deputación Provincial.

Dentro do Plan de mellora da rede viaria do municipio o Concello pretende arranxar 8 carreteras, Coruxo en Pesqueiras, Feira en Corzáns, Muiños en Alxén, Casco e Cimadevila en Fornelos, Petraños-Coto en Oleiros, San Blas- Inquisición en Corzáns, e A Picada en Salvaterra, máis de 3.000 metros onde se realizará limpeza e apertura de cunetas e extensión e compactación dunha capa de 5 cm de mistura bituminosa en quente tipo AC 16 Surf 50/70D