Banda de Música Xuvenil de Xinzo e Dextrum Ensemble únense no concerto “Cidades”

Este sábado 9 de abril

Ponteareas | Este sábado 9 de abril, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofrece un concerto de primavera baixo o título “Cidades”. A cita será na sala multiusos do auditorio Reveriano Soutullo ás 20:00h, aínda que a banda non estará soa. Nesta ocasión, o cuarteto de saxofóns Dextrum Ensemble acompañaráa na interpretación de varias obras.

A programación do concerto está composta por catro obras de diferente duración e compositores, pero relacionadas entre sí ao representar todas elas a unha ou varias cidades. A primeira obra será Sedona, de Steven Reineke, en honra á cidade homónima estadounidense coa que a banda abrirá o concerto en solitario.

Tras esta, chegará a interpretación de Cidades, de Guillermo Lago, obra central do concerto ao que da nome. Composta por cinco movementos que representan cinco cidades diferentes (Córdoba, Montevideo, Tokio, Sarajevo e Addis Ababa), esta obra presenta unha gran variedade de estilos musicais. Ademáis, esta será a primeira deas interpretacións que contará coa participación de Dextrum Ensemble.

Tras esta, a Banda de Música volverá interpretar en solitario Symphony n°2, “The Big Apple”, de Johan de Meij e que representa á cidade de Nova York. Nesta caso, a banda interpretará o primeiro movemento, do que o seu director, Javier Blanco, afirma que se trata “dunha composición incónica do repertorio bandístico que supón un desafío tanto físico como mental para os músicos”. E, finalmente, o concerto pecharase cun arranxo para saxos e banda do pasadoble Ponteareas, de Reveriano Soutullo, xunto con Dextrum Ensemble.

Blanca Represas, unha das compoñentes de Dextrum Ensemble ademáis da propia Banda de Música Xuvenil de Xinzo, remarca a complexidade deste concerto: “A posibilidade de poder tocar nun proxecto desta dificultade, no que se integra tanta xente de distintos niveis, sempre é un reto, aínda que, ao mesmo tempo, unha gran motivación”.

A compoñente de Dextrum Ensemble destaca la obra “Cidades” de Guillermo Lago de entre todo o repertorio, ao ser a que maior dificultade entraña “tanto polos ensaios do cuarteto como polos diferentes movementos xunto á totalidade do grupo, xa que a alternancia das distintas pezas (cuarteto solo e solistas con banda) precisan dunha acústica e dun contexto diferentes”.

Aínda así, Blanca Represas resalta o fácil que se volveu todo cando se realizaron os primeiros ensaios coa banda de Xinzo, adaptándose o un ao outro á perfección: “Os músicos levan moitos meses traballando cun repertorio de moita dificultade técnica para que todo funcione con calidade, así que só me queda agradecerlle á Banda de Música de Xinzo e, en concreto, o seu director, Javier Blanco, por confiar en Dextrum Ensemble para levar a cabo este concerto”.

De igual modo, o director da Banda de Música Xuvenil de Xinzo eloxia o esforzo e traballo da agrupación de saxofóns: “Dextrum Ensemble teñen unha gran traxectoria de proxectos e concertos por toda Galicia, e están moi comprometidos coa divulgación da música de cámara e a cultura en xeral”.

E, por suposto, o director agradece o esforzo dos seus propios músicos: “A preparación deste concerto requeriu un gran esforzo por parte de cada compoñente da banda, sendo un traballo tanto individual de cada músico coma da agrupación en conxunto. É un dos grandes desafíos para este ano e todo o mundo está preparado e ilusionado para o concerto”.

O concerto estará aberto ao público, pero quen non poida asistir en persoa poderá seguir a retransmisión en streaming que a Banda de Música ofrecerá nas súas redes socias. Ademáis, Radio Galega farase cargo da grabación sonora do concerto.