A Feira do Viño de Quiroga cumpre corenta anos

Doce adegas participarán nesta edición

Quiroga | Doce adegas participarán este ano na Feira do Viño de Quiroga, que chega en abril a edición 40. O alcalde, Julio Álvarez Nuñez, presentou o certame, que por primeira vez estará aberto a producións profesionais. Esta decisión tomouse en 2019, tras a última festa celebrada que estivo dous anos ausente por mor da pandemia.

O certame ábrese por primeira vez ás adegas profesionais e contará con marcas doutras subzonas de Ribeira Sacra, así como cunha firma vinícola convidada do Ribeiro.

As doce adegas, algunhas doutras subzonas de Ribeira Sacra, son Alma das Doas, Algueira, Atrium Vitis, EDV 2015, Fructoso- Hobbs, Lareira de Ricobao, Pazo A Costa, Ponte da Boga, Purificación Díaz Ferreiro, Reitoral de Amandi, Terrazas de Outeiro e Val de Quiroga. A adega convidada é Son do Arrieiro, do Ribeiro.

Julio Álvarez manifestou que: ” Despois do obrigado paréntese por mor da crise sanitaria e confiando en que xa estamos non camiño da recuperación, a feira volve e faino renovada”.