Día de Sober en Xantar 2021

Con stand propio para ofrecer a súa gastronomía
Caseta do Concello de Sober.

Ourense | O Concello de Sober conta un ano máis, desde 1999, cun stand propio na Feira ‘Xantar, 22º Salón Internacional de Turismo Gastronómico’, que se celebrará do 3 ao 7 de novembro en Expourense, na cidade das Burgas.

O Goberno local segue fiel a esta cita que utiliza para darse a coñecer ante miles de visitantes como un destino próximo, completo e único.

O día 3 de novembro foi o día dedicado a Sober e hpugo degustación de viño de Amandi e rosca de Sober con queixos das diferentes denominacións protexidas protexidas de Galicia.

O Concello de Sober promociona os seus principais atractivos turísticos, entre os que destaca o seu emprazamento na Ribeira Sacra o que lle outorga incribles paisaxes; os seus miradoiros, os seus afamados viños de Amandi, que pertencen á D.O. Ribeira Sacra e outros atractivos, como a olería de Gundivós, o seu románico rural a súa oferta en aloxamentos rurais e locais de hostalería e restauración.