Manzaneda acolleu a concentración en altura do equipo ciclista portugués Mortagua

Celebrouse tamén a Endurama Manzaneda Bike Park

Manzaneda | A estación de montaña de Manzaneda despediu a primavera cunha carreira extrema de montaña. No seu calendario de verán celebrou unha proba de enduro e un campionato galego de pesca.

A Endurama Manzaneda Bike Park, celebrouse a finais de xuño con seis especiais cronometradas con remonte mecánico. Foi unha proba de enduro á francesa, que se disputou por primeira vez en España cun total de seis baixadas e máis de cen participantes. Foron dúas probas de 12 e 21 quilómetros, respectivamente. (Tamén houbo unha proba infantil).

O seu percorrido foi por un dos teitos de Galicia e os participantes alcanzaron desniveis considerables e foron controlados por un sistema electrónico de chip, que levaban no dorsal ou no calzado.

Tamén se disputou o campionato galego de pesca en augas doces en ciprínidos autóctonos con flotador. A competición desenvolveuse no encoro de Celeiros, capitalidade do Concello de Chandrexa de Queixa. Nos últimos días estivo concentrado na estación o equipo ciclista luso Mortagua, dirixido por Gustavo César Veloso.