ACiP pide maior flexibilización nas noites do Corpus

Que permita unha ampliación de horarios para a hostalería

Ponteareas/ACiP | O Goberno local ven de firmar un decreto polo cal permítelle os locais de ocio e hostalería abrir durante 2 horas máis sobre o seu horario estipulado. A Concellería de Promoción Económica firmou este decreto, facéndollo negar os diferentes locais, xerando unha situación e preocupación incerteza, xa que é unha das noites de maior recadación do ano.

Dende ACiP creemos que unha noite como a de Corpus, na que durante toda a noite continúan a pasar miles de persoas polas nosas rúas, debemos permitir que estes negocios permanezan abertos sen limitación horaria, ofrecendo un servizo necesario para alfombristas e visitantes.

Solicitamos o goberno sensibilidade necesaria sector, xa que ademais debemos recordar, que estes sectores foron dos que máis sufriron durante a pandemia da Covid-19, sendo estes días os que lle poden xerar un pequeno respiro económico.

Por outra banda, fomos sabedores de que non se lle vai permitir ás atraccións o venres a noite, unha cuestión e era habitual nos pasados Corpus e que este goberno decidíu e forma unilateral. Isto xenera un prexuízo abismal os feirantes, os cales veñen de anos de peche total. Queremos mostrar nosa disconformidade por esta decisión, xa que carece de sentido ao ser un dos puntos de relevancia para todas as familias con nenos e nenas de corta idade.

Como sinala Juan Carlos González Carrera, portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas: «Espero que o goberno asuma a súa responsabilidade como o que é, sen tratar de escurrir o bulto, e corrixa estas decisións tan pouco sensibles con sectores básicos para a nosa cidade».

Ademais, queremos recordarlle o bipartito, que a Policía Local nestas noites debe estar para axudar; indicar e colaborar, esquecéndose o afán recadatorio que impera nos últimos anos.