Certame literario da ourensá Asociación Loureiro

Dirixido aos estudantes de E.S.O dos colexios do Couto

Ourense | A Asociación Veciñal Loureiro, entregou os premios e os diplomas aos once finalistas do I Certame Literario Loureiro, dirixido aos estudantes de E.S.O dos colexios do Couto. Os dous primeiros premios, un por categoría, recibiron un vale de 50 euros, para gastar no comercio do barrio.

Tódolos asistentes foron agasallados cunha lámina impresa en alta calidade aportada por Orixe Publicidade, obra do artista Miguel Ángel Martínez Coello, que asistiu oa acto e firmou cada unha das copias.

A lamina é un retrato de Florencio Delgado Gurriarán a quen se adicaron as Letras Galegas deste ano e que tamén foi a imaxe do selo conmemorativo da Sociedad Filatélica Miño de Ourense.

Tamén asistiu Avelino Jácome director da revista Nós, a Xente do Redor, que agasallou aos finalistas cun exemplar do último número editado. Na revista serán publicados os dous relatos gañadores. Todos os finalistas recibirán un lote de libros donados pola Deputación de Ourense.

Este certame foi posible grazas a teima da directiva da Asociación Loureiro, os tres centros participantes, e a asociación “Salubrizate” para promover a Lingua Galega e dar un pulo aos novos talentos que agroman.

O acto contou coa actuación musical das pandereiteiras “As da Chispa”. O IES do Couto fixo entrega dun xemplar aos dous gañadores e o Centro de Adultos EPAPU dun cahveiro conmemorativo.

O acto rematou cunha fraternal merenda chea de abondosos e moi ricos petiscos e doces, preparados polos membros da Asociación Loureiro.

O presidente, Manuel Antonio García, agradeceu o esforzo a todos os membros da asociación, as institucións e colexios participantes, e de xeito especial as mestras e mestres que traballaron a reo para realizar este primeiro certame, que será xermolo de novas accions a prol da cultura.