O Porriño renova o seu compromiso co “Rallye Recalvi Rías Baixas”

Que acadará a súa 54ª edición o próximo 24 de xullo

O Porriño |  O Concello do Porriño será de novo parte esencial do “Rallye Recalvi Rías Baixas” que acadará a súa 54ª edición despois do forzoso parón ocasionado pola pandemia en 2020. O evento automobilístico ten ao Concello do Porriño como unha das institucións que máis anos leva colaborando coa proba, tanto de xeito económico como na loxística.

O sábado 24, a mediodía, terá lugar na peonil, o reagrupamento de vehículos participantes que accederán ao recinto pechado pola rúa Pío XII. A Policía Local do Porriño prestará apoio, organizando o tráfico e restrinxindo o estacionamento.

Ademais, para los aficionados ao motor, varios tramos da xornada do sábado transcorrerán polo termo municipal porriñés. “Como sempre o treito de baixada por Chenlo será dos máis espectaculares e vistosos para os espectadores”, manifestou Fernando Mouriño, presidente de la Escudaría Rías Baixas e responsable da organización, durante a presentación celebrada este mediodía na praza do Concello.

Desde o punto de vista da participación, Mouriño subliñou que ao pasar o Rías Baixas a ser proba puntúable para a Copa de España de Rallyes de Asfalto, “acadamos os 73 equipos participantes con pilotos de tanta sona como José Antonio Suárez, alcumado ‘Cohete” que ven de gañar en Ourense, Sergio Vallejo, actualmente primeiro da clasificación xeral da Copa de España e Oscar Palacios, que vai segundo”, indicou.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, David Alonso expresou no nome do Concello “a ledicia que nos produce recuperar a celebración de esta proba e renovar o noso vínculo”.

Por último Alonso Bargiela recalcou a importancia do Rally Rías Baixas como elemento de dinamización do turismo no noso concello e na contorna e polo que supón de promoción económica para o sector da hostalería que está a pasar unha situación moi complicada”.