Verán cultural en Arbo

Con cine, maxia, festivais e a tradicional Gala da Lamprea

Arbo | Arbo presenta as súas actividades culturais para o veran 2021. Cine, máxia, festivais, a tradicional Gala da Lamprea, as Vodas de Ouro aprazadas no mes de febreiro, a Festa da Lamprea seca en outro formato, son algunhas das actividades programadas polo Concello para o verán 2021.

O Alcalde de Arbo, Horacio Gil manifesta “animo a todos e todas as arbenses a participar nas actividades programadas” , e solicitase colaboración dos asistentes aos actos para que cumpran coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias polo ben da poboación.

As actividades programadas que poderán sufrir cambios como consecuencia da variación das circunstancias sanitarias e seguindo sempre os protocolos e recomendacións das autoridades sanitarias, comezan co cine na rúa ás 22:30horas o 17 de xullo coa pelicula “Padre non hay más que uno” e remata o día 11 de setembro co espectáculo de Teatro Clown de “Odaiko”.

A Gala da Lamprea, que este ano novamente se celebra no periodo estival, o Concello fará un recoñecemento especial a Coral Polifonica de Arbo, polos seus 25 anos a favor da cultura deste municipio – Informa o rexedor Horacio Gil, non puidendo ser posible que esta agrupación volvese ao escenario nos últimos meses dada as restrincións e os protocolos marcados para o canto Coral.

Dende o Concello, felicitamos a esta asociación nacida hai 25 Arbo, e esperamos que para o ano, poida celebrarse a súa volta e poidamos desfrutar novamente de eles – remata o rexedor

Tamén conta este ano a programación co Concerto de Luar na Lubre, dentro da programación da XXVI Festa da Lamprea Seca. A Festa ven marcada pola COVID-19 – pero nos restaurantes de Arbo, poderán degustar este manxar.