Foro A Peneira expresa o seu pesar pola morte do ex presidente portugués Jorge Sampaio

Foi presidente da República Portuguesa entre 1996 e 2006
Jorge Sampaio (1939-2021) foi presidente da República Portuguesa entre 1996 e 2006.

O equipo do xornal Foro A Peneira-Novas do Eixo Atlántico quere expresar as súas condolencias á familia e á sociedade portuguesa en xeral polo falecemento do seu ex presidente Jorge Sampaio (1939-2021), suceso acaecido este 10 de setembro na localidade portuguesa de Carnaxide (Oeiras).

Pertencente ao Partido Socialista, Sampaio deixou unha fonda pegada na vida política portuguesa, abordando sempre a súa faceta de gran estadista e home de consensos políticos, cunha notable carreira intelectual e de elevado compromiso cívico coa democracia e as liberdades. A nivel internacional foi un defensor da diplomacia preventiva e da Alianza de Civilizacións impulsada en 2005 pola ONU.